Soiuz MS-15
Soiuz MS-15 | |
---|---|
A Soiuz MS-15 partindo da ISS. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 25 de setembro de 2019[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 17 de abril de 2020[1] |
NSSDC ID | 2019-064A |
Soiuz MS-15 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 25 de setembro de 2019 mediante o último foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz MS-15, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Skripochka, Jessica Meir e Hazzaa Ali Almansoori a bordo (a tripulación de respaldo eran Sergei Rizhikov, Thomas Marshburn e Sultan Al-Neyadi), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas e media, acoplándose ao módulo Zvezda e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-12 e MS-13 xa a bordo. O asento de Almansoori foi movido da Soiuz MS-15 á MS-12, xa que volvería nesta nave.[2][3][4][5]
Tras 205 días en órbita, a Soiuz MS-15 desacoplouse do módulo Zvezda o 17 de abril de 2020 con Skripochka e Meir a bordo. A Soiuz 15 aterrou a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-15" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-15" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 17 October 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-10591 (E)). 30 de outubro de 2019: 2. Consultado o 6 de febreiro de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Final Soyuz-FG rocket delivers ISS crew" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-15 |